Saltar ao contido principal

CEIP Plurilíngüe de Belesar · Baiona · Soñamos o porvir

CEIP Plurilíngüe de Belesar Belesar · Baiona · Curso 2026/2027

Espazos para aprender

Aulas, biblioteca, estudio de radio, ximnasio, patio e horta. O centro e mais a contorna que o rodea son parte do material didáctico.

Espazos do centro

Estudio de Radio Belesar

Un espazo con mesa de son, micrófonos e monitores onde se gravan e editan os programas. O alumnado aprende a preparar un guión, falar en público, gravar, editar e publicar.

Biblioteca escolar

Fondo de lectura, zona de traballo e préstamo. É tamén o lugar donde nacen programas de radio, recomendacións e actividades de dinamización lectora.

Horta e contorno

Bancais, ferramentas e un mariposario para observar o ciclo da vida. A horta conecta a ciencia coa vida cotiá e co traballo en equipo.

Patio e ximnasio

Espazos para o xogo, a educación física e as actividades ao aire libre. O patio tamén é aula: alí lense fichas, fanse medicións e obsérvanse bichos.

O contorno

Belesar está entre a Serra da Groba e a ría de Baiona. O centro sae ao monte, á praia e ao pobo: as saídas non son unha pausa, son parte do currículo. A parroquia é unha fonte de coñecemento e de persoas dispostas a compartilo.

Como chegar

O centro está na Estivada, 46, en Belesar (Baiona). Non dispón de transporte escolar ofertado pola Consellería. Podes consultar a localización exacta na páxina de contacto.

Ver localización e contacto