Identidade e deseño da web
As decisións visuais desta web, documentadas para que calquera persoa do centro poida publcar sen romper a identidade.
Un sistema, non unha colección de páxinas
A web parte do sistema de identidade do centro (verde bosque, papel cálido e árbore oficial) e engade unha parella tipográfica editorial: Fraunces nos titulares e Nunito no texto. Fraunces dá carácter e lexibilidade aos titulares; Nunito mantén unha lectura tranquila nos trámites.
As dúas fontes son de licenza aberta (SIL Open Font License) e están autoaloxadas no servidor do centro, sen peticións a Google.
Cor
Verde bosque
#0E3B2E
Marca, cabeceiras, botóns principais
Verde folla
#4FAE7E
Acentos, ligazóns, foco
Dourado
#E2A94E
Destacados e avisos
Terracota
#9C5014
Etiquetas e kickers
Crema
#FAF1DE
Fondos cálidos
Papel
#FFFDF7
Superficie principal
Tinta
#1E2B26
Texto
Mar
#356E7D
Información e datos
Tipografía
Fraunces · titulares
Nunito · texto corrido, formularios, táboas e etiquetas.
Escala: 17 px de texto base, 1,65 de interliñado, ata 4,3 rem nos titulares de portada. Liñas de ata 68 caracteres.
Compoñentes
- Botóns primario, secundario, dourado e de texto, cunha altura mínima de 50 px.
- Tarxetas de acceso, de proxecto e de noticia, con borde fino e elevación discreta ao pasar o rato.
- Avisos informativos, de atención e de prazo.
- Táboas responsivas con cabeceira fixa e desprazamento horizontal controlado.
- Acordeóns nativos (
details/summary) que funcionan sen JavaScript.
Descargas
Logotipo oficial en formato web e os tokens de cor en CSS.